Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas

10 may 2010

mar

mirar o mar cor azul
dende esta suave area.
tranquilo,sen estar quieto,
sube e baixa coa marea.

mirar o mar cor azul
dende un barco...quén o vera!
bravo e manso,forte e débil.

mariñeiros,sen ter pena,
móvense nese ancho mar
coma se moven na terra.

mar amigo,mar ferido.
xa non choras,mais si berras
co dor de aquel que observanos
mais altos,el,non medra.

mar,cura as miñas feridas,
farei que,só agora,vexas
o mundo dende este barco.

5 may 2010

poema á morte

outra persoa mais,outra...
outra alma máis que rompe
levada pola sinistra
forza para o único monte
sen árboles,sen animais.
tan só sinistros que compre
evitar.un paradiso
cor vermello e negro.porén,
a xente bate as súas ás
para saír pola ponte
custodiada por sinistros,
que son a segunda morte.

26 mar 2010

que te fixen,copañeiro...
compañeiro só te pido
dime perdón,é o que queres
xa non chores mais,meu amigo
xa non pidas perdón dís tí
pero eu,quérote e non suplico
que te olvides de servidor,
e te quedes comigo.
para poder sempre vencer
os medos e os inimigos
que non deixan durmir nunca.